HomesociedadeTaboada celebra de xuño a outubro o "I Encontro da Cultura do...

Taboada celebra de xuño a outubro o “I Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra”

A iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta), coa colaboración da Xunta, inclúe diferentes accións de dinamización entre os meses de xuño e outubro e terá o seu acto central a segunda fin de semana de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza coa presidenta da agrupación empresarial, Tamara Castro, e o alcalde de Taboada, Ramiro Moure, para abordar as accións previstas coa colaboración da Administración autonómica.

Os organizadores buscan divulgar a cultura do viño prestando especial atención ás xentes que viviron en primeira persoa o proceso de transformación da Ribeira Sacra. O programa vai dirixido a todo tipo de públicos e incluirá actividades divulgativas, culturais e lúdicas -roteiros para dar a coñecer o territorio, proxección de material audiovisual, montaxe dunha sala expositiva, encontros, catas informais ou faladoiros nos que terán moito protagonismo as mulleres -.

Haberá así mesmo accións específicas que permitirán afondar en aspectos máis técnicos do sector, dirixidas a profesionais ou a persoas con interese en ampliar os seus coñecementos neste eido. Arias puxo en valor o potencial do sector do viño para “dinamizar o territorio e xerar riqueza” e apuntou que “actividades como esta contribúen a divulgar os valores excepcionais da Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...