HomesociedadeA Deputación devolverá os cobros do IBI do Concello de Sarria á...

A Deputación devolverá os cobros do IBI do Concello de Sarria á veciñanza, ao redor de 1.200.000€.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu este martes instrucións aos servizos provinciais de Recadación, Tesourería e Intervención para que procedan de inmediato e tan pronto como sexa posible, técnica e xuridicamente, á devolución de oficio dos cobros do IBI do Concello aos veciños e veciñas de Sarria e a non recadar os que aínda estiveran sen liquidar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A decisión adóptase á vista da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de data do 20 de setembro de 2021 que anula a revisión catastral que se realizou no municipio de Sarria. Un ditame xudicial que afecta a un inmoble e aos que se encontraban na mesma situación.

José Tomé explica que “o Concello de Sarria ten cedida a xestión do cobro dos seus impostos nos servizos económicos da Deputación, séndolle ingresado na conta da entidade local o diñeiro recadado, dado que os impostos son os que libremente decide aprobar a Corporación sarriana.”

Desta forma, aínda que o Concello non solicitou o reintegro das liquidacións, o Presidente tomou a iniciativa “por ser de xustiza que aos veciños e veciñas se lles devolva o que pagaron no seu día polo Imposto de Bens Inmobles da revisión catastral anulada polo TSXG”. A institución tramitará a devolución de en torno a 6.000 liquidacións por un importe de arredor de 1.200.000€.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...