HomesociedadePreséntase na igrexa de Barbadelo a Guía do Románico de Sarria, Os...

Preséntase na igrexa de Barbadelo a Guía do Románico de Sarria, Os Ancares e O Courel

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes na igrexa de Santiago de Barbadelo, en Sarria, a Guía do Románico de Sarria, Os Ancares e O Courel. O acto reuniu neste Monumento Nacional desde o ano 1976, a veciños e veciñas, representantes municipais, e colectivos sociais e culturais destas comarcas interesados en coñecer a publicación, que fai un percorrido por 59 monumentos románicos de 11 concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova guía do románico sae á luz seguindo as liñas editoriais das súas antecesoras, dedicadas á Ribeira Sacra e á Ulloa. Un valioso documento para que estea “nas mans de todo tipo de usuarios, que as lean amantes do turismo cultural, do medio ambiente, ou tamén os peregrinos que fan o Camiño de Santiago para que, por exemplo, aproveiten o seu paso por Sarria para coñecer mellor algún destes monumentos”, sinalou Tomé.

O proxecto editorial composto por catro volumes forma parte da estratexia global que impulsa a Deputación “para consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible e de experiencias, que pon en valor o patrimonio e que deixa valor no territorio, en termos económicos e de emprego, e polo tanto, que axuda a fixar poboación no noso rural, que tanta falta nos fai”, subliñou o máximo mandatario provincial.

“O patrimonio é identidade e pasado, pero, sobre todo, é unha das bases sobre as que construír o futuro, á altura do que estes monumentos representaron no seu día: apertura ó mundo, comercio, difusión do coñecemento e desenvolvemento”, concluíu Tomé Roca.

A Deputación editou 1.000 exemplares desta nova guía sobre o románico de Sarria, dos Ancares e do Courel, que fai un percorrido por un total de 59 monumentos románicos de once concellos. As súas páxinas convidan ao lector a descubrir, a través de textos e fotografías de gran calidade visual, unha chea de contrastes que amosa a infinita capacidade das formas do románico para mimetizarse coas paisaxes da provincia.

A publicación recolle desde construcións civís, como a Torre de Doncos ou o Castelo do Carbedo; ata templos máis modestos que lembran na súa planta as formas castrexas, con igrexas pequenas como é o caso de Santo Tomé de Lebruxo. Tamén se pode apreciar a exuberancia dos grandes mosteiros, como o de Penamaior, en Becerreá, ou o de Samos; e a forza do Camiño que se deixa sentir con exemplos como a igrexa de Santa María A Real, en Pedrafita do Cebreiro, ou con templos como o de San Salvador de Sarria.

Trátase da terceira entrega do proxecto editorial Lugo Románico, composto por catro volumes dedicados tamén á Ribeira Sacra, a Ulloa e A Mariña. Os exemplares contan con información e textos en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...