HomesociedadeO alcalde de Sarria comprométese co Comité de Empresa de Inelcom a...

O alcalde de Sarria comprométese co Comité de Empresa de Inelcom a mediar para “limitar e minimizar” o ERE

Este mércores pola mañá o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, recibía aos integrantes do Comité de Empresa de Inelcom. Comprometeuse con eles a mediar e apoialos na interlocución tanto coa empresa como coas administracións que sexa necesario para tratar de “limitar e minimizar” o ERE anunciado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao remate da reunión, Claudio Garrido precisou que o Comité de Empresa descoñece o alcance real dos axustes de persoal previstos, que previsiblemente lle serán comunicados nunha reunión á que están convocados o vindeiro día 27 e que abrirá un período de negociación dun mes. Por tal motivo, acordaron esperar a dispor de toda a información para convocar un novo encontro con todos os grupos políticos representados na Corporación Municipal para avaliar os posibles escenarios e as
decisións e medidas a adoptar.

“A postura do Comité de Empresa na defensa dos postos de traballo é totalmente coherente e os políticos debemos abordar este problema desde unha perspectiva institucional e non preelectoral, porque a nosa obriga en primeiro lugar é garantir a continuidade da empresa en Sarria e apoiar as reivindicacións dos traballadores para minimizar o impacto de calquera recurte de postos de traballo”, explicou o alcalde.

Claudio Garrido considera que se os axustes de persoal debido ao descenso da actividade son inevitables para garantir a viabilidade da empresa, “o seguinte obxectivo será minimizar o alcance e tratar de converter o ERE nun ERTE ou ben negociar baixas voluntarias ou prexubilacións”. Neste senso, tamén apuntou como unha posibilidade a estudar “a recolocación de traballadores noutras unidades negocio do grupo, sempre e cando as condicións sexan pactadas e a empresa se comprometa en firme a asumir o custo da formación e reciclaxe necesaria.”

Ao remate da reunión, o rexedor sarriao tamén anunciou a súa intención de reunirse co seu homólogo de Xátiva para poñer ideas en común, tendo en conta que o centro de Inelcom nesa localidade atópase nunha situación semellante á de Sarria

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...