HomesociedadeCortes de tráfico na estrada provincial de Chantada aos Peares

Cortes de tráfico na estrada provincial de Chantada aos Peares

A execución das obras que a Deputación acomete na estrada provincial LU-P-1801, de Chantada aos Peares por Nogueira, entre o punto quilométrico 7,000 e 8,000, obrigan a cortar o tráfico ata este venres ás 19.00 e a vindeira semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A circulación permanecerá interrompida, cos desvíos alternativos debidamente sinalizados, ata as 19.00 horas deste venres, e entre o luns e o mércores, para continuar cos traballos, aos que a Deputación destina 675.000€. No caso do autobús escolar, deixarase pasar con paradas puntuais durante a execución das obras.

A actuación permitirá a rehabilitación por emerxencia desta vía nos termos municipais de Chantada e Carballedo, así como o arranxo da LU-P-1010, da Touza á Granxa pola Presa dos Peares, en Carballedo, no punto quilométrico 3,650.

No caso da LU-P-1801, a vía viuse afectada por desprendementos de terras, polo que se asegura a parede con micropilotes e instalarase un muro de suxeición. No caso da LU-P-1010, tamén afectada por un corremento de terras, retírase o material que obstrúe a vía e asegurarase cun muro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...