HomesociedadeAprobada por 2,5M€ a licitación das obras da residencia de maiores da...

Aprobada por 2,5M€ a licitación das obras da residencia de maiores da Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación aproba a licitación das obras para construír o Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón por un importe de preto de 2,5M€ e un prazo de execución de 12 meses unha vez iniciadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pleno ordinario do pasado mes de marzo aprobou, por iniciativa do Goberno provincial, a modificación do convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello da Pobra do Brollón para incrementar a achega económica por parte da institución provincial para construír a residencia por unha contía de 725.531,21€, distribuídos nas anualidades 2024 e 2025. Este acordo supón un aumento do investimento provincial para a construción, que desta forma acada os 2,3M€.

O Centro de Atención a Maiores, que a Deputación levantará nunha parcela situada na Avenida de Outeiro, contará con 36 prazas e espazos verdes pensados para o esparexemento das persoas maiores usuarias.

A Xunta de Goberno tamén aprobou investir máis de 315.000€ para acometer obras de mellora na estrada provincial LU-P-3205, de Monforte de Lemos á LU-P-3201 por Reboredo. “As obras foron adxudicadas á empresa Acoval SL, e afectarán a 2,5 quilómetros de vía, entre o punto quilométrico 0,535 e o 3,175. Terán un prazo de execución de 1 mes e 2 semanas, reducindo 2 semanas o prazo establecido na licitación”, explicou García Porto. O proxecto contempla a limpeza de laterais, as obras de drenaxe, e posteriormente, a pavimentación con aglomerado en quente e sinalización mediante marcas viarias reflexivas brancas.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...