Homesociedade"Miña nai querida!" ata o 7 de maio no CCU de Sarria

“Miña nai querida!” ata o 7 de maio no CCU de Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU organiza deste esta semana e ata o día da nai (7 de maio) unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 ¡Miña nai querida! é o nome da campaña que levará a cabo o Centro Comercial Urbano de Sarria coa colaboración da Xunta de Galicia e con motivo do día da nai. 

Ata o 7 de maio as compras nos nosos establecementos dan a oportunidade de premiar unha nai cun regalo especial e diferente. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tickets de compra nas hurnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dunha mamá (que pode ser súa nai, ela mesma, unha avoa, unha tía, …).  

O mércores día 10 de maio, procederase ao sorteo e darase a coñecer á mamá premiada que gozará dunha estancia de fin de semana para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión. “¡Mercar para a nai no comercio asociado ten premio!”. Para mercar os seus agasallos os clientes do CCU de Sarria contan con variedade de establecementos e de diversos sectores que forman parte da Asociación: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallo, colchoerías, decoración, restaurantes, ..

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...