HomesociedadeInaugúrase en Quiroga o Programa "O Courel, destino e futuro vital"

Inaugúrase en Quiroga o Programa “O Courel, destino e futuro vital”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participaron este venres en Quiroga na sesión de apertura do programa O Courel, destino e futuro vital, unha iniciativa promovida pola entidade de formación empresarial Noa Innova e o seu responsable, José María López Bourio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias destacou que a Xunta apoia esta iniciativa “dado que compartimos os obxectivos de diversificar a actividade económica da comarca, xerar emprego e fixar poboación moza”. Expuxo algunhas das solucións transversais “que aplica o Goberno galego tanto no eido económico -especialmente para potenciar os sectores primario e turístico-, como no social, con recursos de conciliación e creando as condicións para que vivir no rural non supoña unha desvantaxe, senón todo o contrario”, apuntou o delegado.

O director sinalou que unha adecuada ordenación e xestión do territorio é o antecedente da implantación dunha actividade sostible e rendible no rural. Así, referiuse á Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e á futura Lei da calidade alimentaria, “que servirá de impulso ás certificacións de calidade xa existentes que permiten promocionar e protexer toda a produción de calidade do territorio galego.” Actualmente hai dispoñibles 37 selos de calidade que acreditan, identifican e posicionan -dixo- os produtos galegos.

José Luis Cabarcos insistiu na importancia das estratexias sectoriais e no labor da Xunta “por fomentar a dinamización de tres eixes produtivos fundamentais do agro galego: o sector lácteo, o vitivinícola e o cárnico, cuxa calidade sitúan a Galicia nunha rexión de referencia.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...