HomesociedadePremios de 'Boas Prácticas de Educación Inclusiva'

Premios de ‘Boas Prácticas de Educación Inclusiva’

O IES A Pinguela, CEIP Plurilingüe de Monforte, CEIP de Quiroga e IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foron os centros do sur de Lugo que participaron na entrega de premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela, CEIP Plurilingüe de Monforte, CEIP de Quiroga, IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e o IES Sanxillao de Lugo foron os centros lucenses que estiveron presentes na entrega dos Premios de Boas Prácticas de Educación Inclusiva que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o pasado 25 de abril.

O acto estivo presidido por D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A Xunta de Galicia recoñece o traballo dos centros educativos galegos co Premio “Boas Prácticas de Educación Inclusiva” co obxectivo de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos. Trátase, deste xeito, de promover unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas.

EDUCACIÓN INCLUSIVA

A educación inclusiva ten como propósito acadar o máximo desenvolvemento posible de todo o alumnado, identificando, eliminando ou minimizando, no seu caso, as barreiras derivadas de condicións persoais ou sociais que en determinados momentos poden limitar o seu proceso de aprendizaxe. Todo o anterior na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades axeitadas, se favorece o seu acceso e participación nelas e se estimulan as capacidades, potencialidades e responsabilidades sociais.

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...