HomesociedadeXXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 13 e...

XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 13 e 14 de maio

O Concello de Pantón celebra os días 13 e 14 de maio a XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Para presentar esta edición escolleuse a adega Alma das Donas en Pombeiro. A concelleira de cultura, Cristina Domínguez, aseguraba que a convocatoria tiña dous atractivos destacados, por unha banda a paisaxe do lugar escollido e por outra a presentación dunha das citas máis importantes no calendario do concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Luis Álvarez, destacou a importancia desta cita para promocionar o municipio e os seus viños, os únicos con uvas das 3 ribeiras, Miño, Sil e Cabe, como recolle o cartel desta edición. O rexedor animou á participación, “Invito a quen acostuma visitarnos e a quen queira achegarse a Pantón, a participar da Mostra para gozar cos viños da última colleita no único concello que ten tres ribeiras na D.O. Ribeira Sacra”.

Nesta XXVIII edición participan: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura, Saíñas e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado e 15 minutos despois será a inauguración por conta do Conselleiro de Medio Rural, José González.

O resto da programación da Feira é a seguinte:

SÁBADO

  • 13:15 Entrega de premios do VIII Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e actuación de batucada de Baturruka Monforte
  • 14:30 VI Festa de Empanada no recinto do Castro
  • 21:30 Concerto do Grupo América
  • 23:00 Música a cargo do Grupo Malenne
  • 00:30 Actuación do grupo América

DOMINGO

  • 12:30 Recepción de autoridades no recinto feiral
  • 13:00 Pregón da XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo do xornalista e comentarista deportivo, Tomás Guasch
  • 16:30 O folión Xograres de Lemos, acordeón
  • 19:00 Actuación da orquestra Saudade

Nas dúas xornadas contarase con música durante todo o día, o sábado coas charangas Km0 e Leña Verde e o domingo coas charangas Europa e Unión Phenosa. Contarase con servizo de autobuses con Monforte e Escairón. As saídas desde Monforte serán ás 13:00 e 19:30 e as saídas desde Escairón ás 13:45 e 20:15. Os regresos a Monforte serán ás 2:00 e ás 3:00 e os regresos a Escairón serán tamén nese horario. Despois desta Festa de Interese Turístico de Galicia, Pantón acollerá unha nova edición de Rota do Románico.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...