HomesociedadeTomé participa na visita de Filipe VI ao Tour do Talento

Tomé participa na visita de Filipe VI ao Tour do Talento

O Presidente da Deputación acompañou ao Xefe do Estado no acto central do Tour do Talento na capital lucense, no que se proclamou o gañador do Premio Fundación Princesa de Girona 2023 na categoría de Investigación Científica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na visita institucional que realizou o Rei Filipe VI a Lugo, a primeira á capital lucense que realizou como monarca. Fíxoo con motivo do Tour do Talento, unha iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona en colaboración co Concello de Lugo. Esta é a segunda visita do monarca á provincia, pois o pasado ano estivo en Sarria.

O Tour do Talento incluíu durante toda esta semana 50 actividades en Lugo para impulsar e poñer en contacto o talento da mocidade da provincia. Durante a visita, as autoridades percorreron a Feira do Talento, na que puideron ver algúns dos vehículos e pezas deseñados e construídos polo estudantado do Centro Integral de Formación Profesional As Mercedes.

No acto estiveron presentes a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Ministra de Xustiza, Pilar Llop, o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como outras autoridades institucionais e representantes da Fundación Princesa de Girona.

A Deputación de Lugo participou o martes na primeira xornada do Tour do Talento. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, expuxo o programa Reiníciate, que impulsa a institución provincial en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para favorecer a transformación dixital das pemes e autónomos da provincia, e para fomentar a empregabilidade dos mozos e mozas, e dos parados de longa duración.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...