HomesociedadeAlumnado de Burela coñece Monforte e a Ribeira Sacra nun intercambio co...

Alumnado de Burela coñece Monforte e a Ribeira Sacra nun intercambio co IES Río Cabe

Esta semana alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe e do IES Monte Castelo de Burela levou a cabo unha xornada de confraternización e de coñecemento de Monforte e da Ribeira Sacra. Foron 70 alumnos e alumnas os que estiveron recorrendo as Terras de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na cidade do Cabe visitaron a Torre da Homenaxe, fixeron un roteiro literario para coñecer a Lois Pereiro e Manuel María, visitaron a Ponte romana e os exteriores do convento das Clarisas, pola tarde desprazáronse ata o miradoiro do Duque onde se deu por finalizada a xornada.

A actividade estivo coorganizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e Lingua Galega do IES Río Cabe.

Esta actividade terá continuidade o 30 de maio coa visita do alumnado mofortino á vila de Burela. Dende a Dirección do centro agradecen o traballo realizado polos/as implicados/as na actividade “e dun xeito especial o profesorado participante e tamén a boa predisposición do Ies Monte Castelo para este intercambio.”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...