HomesociedadeOs concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón impulsan un...

Os concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón impulsan un novo obradoiro dual de emprego

O Concello do Incio será este ano a administración promotora dun novo obradoiro dual de emprego para os concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón. Na reunión celebrada esta semana participaron os alcaldes Xosé Lois Maceda (A Pobra do Brollón), José Manuel Arias (Bóveda) e Héctor Corujo (O Incio), así como a directora do obradoiro, Verónica Quintela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os rexedores dos tres municipios e a directora do taller mantiveron unha xuntanza de traballo co obxectivo de avanzar na tramitación dun novo obradoiro ante a Xunta de Galicia. Ao igual que o obradoiro actual, no que están a participar 20 alumnos cunha duración de 12 meses, a formación vai estar centrada na silvicultura e na recuperación de zonas verdes dos tres municipios. A maiores, explica Héctor Corujo, o Concello do Incio, que este ano será o promotor da iniciativa, “incluirá ademais a recuperación de elementos patrimoniais, como lavadoiros, a través de persoal municipal”.

“O traballo do persoal do obradoiro estará centrado en recuperar e manter zonas verdes de titularidade municipal, así como no mantemento de rutas de sendeirismo nos tres municipios implicados”, asegura o rexedor.

O obradoiro de emprego realízase grazas a unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.

Ao remate, os participantes recibien un certificado de profesionalidade na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, complementado cun módulo formativo en operacións auxiliares en tratamentos silvícolas.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...