HomesociedadeRepintado de marcas viarias nas rúas das estradas autonómicas de Sarria

Repintado de marcas viarias nas rúas das estradas autonómicas de Sarria

Inclúe a totalidade dos pasos de peóns nos tramos urbanos da LU-636, LU-546, LU-633 e LU-635.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia o repintado das marcas viarias nas rúas do casco urbano de Sarria que forman parte de estradas autonómicas. Os traballos contan cun orzamento de 27.000 euros e prolongaranse durante as vindeiras dúas semanas.

Actúase sobre catro estradas entre as que se contan as principais arterias da vila, como a LU-546, que a comunica con Monforte e Lugo, e a LU-636, onde se mellorarán 4,4 quilómetros ata chegar ao polígono industrial e á variante de acceso ao corredor. Tamén se repintarán os tramos urbanos das vías LU-633 e LU-635.

Os labores incluirán a totalidade dos pasos de peóns, co obxectivo de incrementar a seguridade, e comprenden as rúas Benigno Quiroga, Matías López, Lugo, Diego Pazos, San Lázaro, Porvir, Marqués de Ugena, Becerreá e o barrio de Vilasante.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...