HomesociedadeEsmorga Paramesa, as casas do maior dinamizando socialmente a contorna

Esmorga Paramesa, as casas do maior dinamizando socialmente a contorna

Os responsables autonómicos visitaron as instalacións da casa do maior "Esmorga Paramesa", que xestiona Adriana Seijo González no concello do Páramo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As casas do maior promoven un envellecemento saudable e activo, son un recurso de conciliación para as familias, e impulsan a dinamización social na súa contorna. Así o destacaron no Páramo o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.

Os responsables autonómicos visitaron “Esmorga Paramesa”, coñeceron aos usuarios e interesáronse polas actividades que desenvolven, moitas delas en colaboración co concello, o colexio ou establecementos da localidade; tamén realizan saídas e excursións. “A casa é un espazo onde os maiores socializan entre eles e interactúan coa comunidade”, afirmaron.

As casas do maior ofertan un máximo de cinco prazas, gratuítas para os usuarios, e son un recurso de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal. O servizo comprende a atención diurna específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, adaptándose ás necesidades de cada caso, nun ambiente e trato familiar co fin de evitar ou atrasar a institucionalización de persoas maiores e reducir o illamento social.

A Consellería de Política Social e Xuventude ten aberta a convocatoria de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior para os anos 2023 e 2024, e o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro luns, día 22.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...