HomesociedadeA Deputación quere darlle unha nova vida á finca de Tor

A Deputación quere darlle unha nova vida á finca de Tor

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, mantivo este martes un encontro institucional co Secretario Xeral para o Reto Demográfico, Francesc Boya Alós, que arrancou na casa consistorial monfortina, onde o representante do Goberno de España asinou no Libro de Honra do Concello, e continuou cunha visita á finca de Tor, de titularidade da institución provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na finca de Tor visitaron e analizaron as posibilidades de establecer no futuro algún tipo de colaboración para poñer en valor a finca da Deputación co fin de que sexa útil como un ben público e tamén sirva para dinamizar os sectores produtivos, nomeadamente o primario.

“Estamos moi sensibilizados sobre a necesidade de afrontar o reto demográfico, e por iso tratamos de impulsar políticas e medidas que contribúan a corrixir o problema, que ten máis dificultade no interior”, explicou José Tomé. “Por iso, colaboramos dende a Deputación co Ministerio de Seguridade Social, Inclusión e Migracións como acabamos de facer coa cesión do antigo Hospital de San Rafael, en Castro de Rei, para a creación dun centro de inmigrantes”, indicou.

Pola súa banda, Francesc Boya enmarcou a visita no interese do seu departamento en coñecer de primeira man “como artellan as cidades medias, como poder ser Monforte, o territorio, os servizos e o rural, un modelo que queremos para o conxunto do país”, e loitar así contra o despoboamento, un obxectivo “para o que por primeira vez hai unha política de Estado e cuxa solución pasa en gran medida por reter talento e configurar polos industriais con capacidade de ofrecer calidade de vida e oportunidades laborais”.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...