HomesociedadeCase 3.000 firmas "para salvar o Malecón de Monforte"

Case 3.000 firmas “para salvar o Malecón de Monforte”

Membros da candidatura de Espertamonforte reclamaron cun acto simbólico, a pasada fin de semana, a peonalizacion inmediata da Ponte Vella. "O seu peche inmediato sería perfectamente asumible como demostran cortes por obras, feira medieval, etc, en que se interrumpe o trafico durante varios dias", sinalan desde Espertamonforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma cidadá Salvemos O Malecón entregaba hai unha semana no Concello de Monforte unha petición con centos de firmas (2,886 entre as recollidas en papel e online) en contra da construción dunha ponte para o tráfico rodado que ameaza a zona. “O proxecto está a xerar unha grande inquedanza entre os habitantes de Monforte, que valoran e aprecian a tranquilidade e o valor paisaxístico deste espazo. Esta masiva resposta demostra a unidade e a determinación da comunidade para protexelo”, sinalan desde a plataforma.

En consonancia coas políticas urbanas actuais, que promoven a integración de infraestruturas respectuosas co medio ambiente, a diminución do tráfico no centro das vilas, e a conservación dos espazos verdes, a plataforma fai un chamamento ó Concello para que reconsidere a construción da ponte proposta. Ínstase ás autoridades a explorar alternativas que se axusten a un enfoque de desenvolvemento urbano sostible e que garantan a integridade e a beleza do Malecón.

Salvemos O Malecón espera que esta entrega de firmas sexa un chamamento de atención para as autoridades municipais e se inicie un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes interesadas. A plataforma comprométese a seguir defendendo a protección do Malecón e a traballar en colaboración coas autoridades, organizacións e cidadáns comprometidos para atopar solucións que preserven o noso patrimonio natural.

Peonalización da ponte vella

Esperta Monforte ten reclamado en varias ocasións a peonalización da ponte vella, a través de mocións e outros actos como o desenvolto a pasada fin de semana. A medida estaba no programa de Esperta Monforte desde o 2015. Insisten en que non está deseñada para soportar o tráfico motorizado.

“Estamos seguros que ademáis esta medida redundaría no desenvolvemento económico da zona urbana da contorna , como xa ten sucedido nas outras areas urbanas que se teñen peonalizado previamente , como por exemplo a rua do Cardeal , que a pesar da resistencia inicial de algúns sectores, e que a dia de hoxe ninguén discute, nin podemos imaxinar unha volta atrás”, aseguran desde Esperta Monforte.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...