HomesociedadeSober celebra o 3 de xuño a XXI Festa das avoas e...

Sober celebra o 3 de xuño a XXI Festa das avoas e dos avós

Para participar na cita en Sober é necesario inscribirse antes do 1 de xuño nos teléfonos 982 460 001 ou no 982 460 513. En Monforte, o centro cívico acollerá o día 15 de xuño unha charla sobre nutrición e cancro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober celebrará o vindeiro 3 de xuño a XXI Festas das Avoas e dos Avós que terá lugar no pavillón do CEIP Virxe do Carme. Haberá servizo de autobuses, misa, comida, actuación musical e sorteo de agasallos.

O prezo para participar da festa na que non faltará o viño de Amandi, será de 10 euros para as persoas empadroadas e 20 para as non empadroadas.

Nutrición e cancro

A Asociación Española contra o cancro de Monforte de Lemos organiza unha charla para o 15 de xuño ás 17.00 no centro cívico . Falarase sobre nutrición para a prevención de cancro e durante o tratamento oncolóxico.

Convídase a participar deste encontro a todas as persoas interesadas. A entrada é libre e de balde, non necesita inscrición previa.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...