HomesociedadePladesapu alerta da falta de facultativo no servizo de dixestivo do Hospital...

Pladesapu alerta da falta de facultativo no servizo de dixestivo do Hospital de Monforte

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) de Monforte segue denunciando situacións da sanidade no Hospital de Monforte. Neste caso critican o abandono no que se atopa o servizo de dixestivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai unhas semanas, Pladesapu denunciaba a falta dun monitor para o control das constantes vitais durante as endoscopias. Agora aseguran que falta o facultativo do servizo, xa que a médica que estaba a realizar este traballo atópase de baixa desde esta semana.

“Lonxe do aumento do plantel de médicos que a xerencia prometeu para o mes de maio, o certo é que pechamos o mes igual de mal que o ano anterior, sen médico para realizar as endoscopias e con listas de espera interminables, incluso para os pacientes urxentes, pois a Plataforma ten testemuños de doentes esperando dende marzo a pesar de ser citados por vía rápida”, asegura a Plataforma.

Pladesapu invita ás persoas afectadas a seguir poñendo reclamacións, tanto polo servizo de rehabilitación, sen médico dende hai case medio ano, como no caso de dixestivo, “que se ve que vai polo mesmo camiño.” Para asesoramento hai membros da Plataforma de 17 a 18h os mércores na sala 1 da Uned, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos, ou a través das redes sociais, Pladesapu Monforte en Facebook, @pladesapu__monforte en Instagram, e por correo electrónico a pladesapumonforte@gmail.com

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...