HomesociedadeIntegrantes de colectivos de Taboada, Chantada ou Sober nas viaxes de Coñece...

Integrantes de colectivos de Taboada, Chantada ou Sober nas viaxes de Coñece a túa provincia

Arredor de 200 veciños e veciñas de nove asociacións da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia, a terceira edición desta iniciativa organizada pola Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este martes ata o venres, as entidades de Taboada, Outeiro de Rei, Chantada, Sober, Castro de Rei, Begonte, Lugo e O Vicedo visitarán os recursos patrimoniais das comarcas da Mariña e a Ribeira Sacra, así como os concellos de Cervantes e Navia de Suarna, na Montaña.

A Asociación de Veciños de Arxiz, de Taboada visitou este martes a Granxa Gayoso Castro e, posteriormente, puxeron rumbo aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde visitarán o litoral, as praias e o centro de Ribadeo. Por outra banda, os veciños de Outeiro de Rei desprazáronse a Sober para coñecer os seus miradoiros e o románico.

Mañá mércores será a quenda da Coral Polifónica de Chantada, que, despois de coñecer o traballo que realiza a produtora de audiovisuais, continuarán a viaxe para visitar o paseo marítimo de Barreiros ou a praia das Catedrais e Rinlo, en Ribadeo. A Asociación de Veciños de Santo Estevo, de Sober, coñecerá o Mazo de Santa Comba e os concellos de Burela e Foz, onde visitarán o Barco Museo Boniteiro no municipio burelés, ou as praias focenses.

Será o xoves cando a Asociación de Veciños de San Andrés de Castro, de Lugo, percorrerá o Mazo de Santa Comba e O Saviñao, con paradas no Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro do Cabo do Mundo ou un percorrido no catamarán da Deputación polo Miño.

O venres veciñanza de Outeiro de Rei achegarase ao concello de Sober despois de visitar as instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño e a Asociación de Veciños de San Román, do Vicedo, que coñecerá o Mazo de Santa Comba antes de poñer camiño á Ribeira Sacra e visitar o concello de Monforte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...