HomesociedadeDo 5 ao 6 de xuño os viños da D.O. Ribeira Sacra...

Do 5 ao 6 de xuño os viños da D.O. Ribeira Sacra en Vinis Terrae

A Ruta do Viño de Ribeira Sacra tamén estará presente en Vinis Terrae co stand de Enoturismo Galicia, a través do Clúster de Turismo de Galicia. Unha oportunidade para dar a coñecer todos os atractivos, recursos e servizos que o Ruta do Viño de Ribeira Sacra ofrece ao visitante.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante dous días, Expourense convértese nun gran centro de negocios no que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería, así como importadores de distintos países e representantes da prensa especializada nacional e internacional.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode con stand propio no que, en horario de 10.00 a 18.00 h., darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación.

Participan tamén individualmente con stand propio as adegas: Aba Solleira, D´Fran, Régoa, EDV 2015, Finca Carta por Rubén Moure e Rectoral de Amandi.

No Túnel do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia poderanse catar as seguintes referencias da D.O. Ribeira Sacra:

  • Adega Tear, S.L. (Tear, Capador)
  • Adega Vella Xeracións, S.L. (1904, 1904 Mater Granite, Adega Vella Mater Granite, Golosina, Quitapesares, Adega Vella, “12” Adega Vella)
  • Rectoral de Amandi (Rectoral de Amandi Barrica Edición Limitada Manolo Arnoya, Matilda Nieves Mencía, Rectoral de Amandi Mencía)
  • Bodegas Petrón, S.L. (Prómine 2021, Prómine 2022, Prómine Singular)
  • D’Fran, S.C. (Estrela)
  • EDV 2015, S.L. (A Conchousa, As Covas, Don Cosme Branco, Don Cosme Tinto,
    Inseparables Branco, Inseparables Tinto, o Robledo)
  • Finca Cuarta (Finca Cuarta Godello, A Costa)
  • Pazo da Maga (Demo y Maga)
  • Régoa (Régoa-Copas-21)
  • Terras de Compostela (Camiño de Compostela)
  • Virxen dos Remedios (Viña Vella Mencía y Godello)

O martes, 6 de xuño, de 11.00 a 12.00 h celebrarase Cata comentada dos viños tintos premiados con “Acios de Ouro” nas Catas de Galicia 2022, coa presenza de Prómine de Adegas Petrón.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...