HomesociedadeSaúde mental a través dunha xornada literaria

Saúde mental a través dunha xornada literaria

A Casa da Cultura de Quiroga acolleu o pasado 5 de xuño pola tarde a I Xuntanza Literaria organizada pola biblioteca do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga. O tema da mesma xirou arredor da saúde mental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A temática do acto aberto a toda a veciñanza que organizou a biblioteca do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga xiraba arredor da saúde mental tendo como fío condutor o libro “Non penses nun elefante rosa” da autora galega Antía Yáñez.

Na mesa redonda, moderada pola coordinadora do club de lectura do IES, Aldara Pérez González, participaron Antía Yáñez, autora do libro; Laura Álvarez, membro do club de lectura de adultos; Almudena Rodríguez, representante dos país e nais do centro; Marisa Castro, directora do CIM de Quiroga e dúas representantes do alumnado.

No transcurso da xornada tentouse dar unha visión da saúde mental dando respostas a cuestións como: canto custa ir ao psicólogo, se soamente é necesario ir cando tes unha enfermidade mental, que é o TOC, que pensan os nosos adolescentes da saúde mental ou se é importante para os pais e nais a saúde mental. Todas estas cuestións foron redactadas previamente polo alumnado do club de lectura do IES de Quiroga.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...