HomesociedadeAberto o prazo de inscrición para a 23ª edición de Artelemos

Aberto o prazo de inscrición para a 23ª edición de Artelemos

O prazo para presentar inscricións na tradicional mostra de artesanía que organiza o Concello de Monforte en agosto rematará o 27 deste mes de xuño. Como novidade, este 2023 o evento alongarase un día máis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte abriu o mércores 7 de xuño o prazo de inscrición para participar na 23ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 27 para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes.

Este ano 2023 o Concello engade un día mais de celebración da mostra, que permanecerá aberta durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 4 ata o 9, na rúa Cardenal, como ben sendo habitual.

O Alcalde, José Tomé Roca, referíndose á mostra comentou que “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesán/áns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós… ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán asi como a participación de obradoiros para nenos/as”.

O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas e poderán participar aqueles/as artesás/áns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán/á, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Dende o concello animan a participar en Artelemos tendo en conta o escaparate que supón amosar as creacións artesanais na capital da Ribeira Sacra e no mes de agosto, principal mes de afluencia de visitantes e turistas.

ÚLTIMAS

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...