HomesociedadeA FP esperta o interesa de case 700 persoas nas comarcas de...

A FP esperta o interesa de case 700 persoas nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga

Vén de celebrarse no IES A Pinguela o último dos encontros territoriais do Plan Conecta FP Galicia que impulsou a Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación co obxectivo de crear marcos de colaboración co sector privado para o establecemento de ofertas de FP a medida do tecido produtivo galego 2023/2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arredor dun cento de persoas, entre docentes e representantes de firmas empresariais e de centros educativos, reuníronse para analizar as necesidades do tecido produtivo da zona e deseñar unha oferta de ciclos e másteres de FP para os vindeiros cursos que permita darlle resposta ás demandas das empresas e, deste xeito, mellorar a empregabilidade dos titulados.

Son case 700 as persoas matriculadas nos 32 ciclos e un máster de FP ofertados polos seis centros que imparten esta ensinanzas nos concellos de Monforte de Lemos, Chantada e Sober. O interese nestas ensinanzas, segundo os datos rexistrados, medrou en máis dun 22,5% na última década.

Ademais do alumnado e do profesorado dos centros e institutos da comarca que imparten ensinanzas de FP, tamén interviñeron representantes de institucións e empresas da zona como o grupo HOTUSA Industrias Losal, Galega de Software Especializado ou o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Xunto coa subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta, interveu na apertura do encontro o presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla. A continuación, a xornada continuou co relatorio A Formación Profesional como vía de capacitación, a cargo do xefe de servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral, Jorge Regueiro.

Na mesa redonda abordáronse as necesidades do sector produtivo e da resposta que se lles dá a través da FP Dual e da importancia da acreditación de competencias dos traballadores. Nela participan tanto representantes de centros educativos como de empresas. A xornada culminou co desenvolvemento dun espazo networking, para que os asistentes poidan tecer novas redes profesionais.

O obxectivo do Plan Conecta FP é formar profesionais cualificados que dean maior e mellor resposta ás necesidades das empresas e favorezan a súa competitividade, así como a confianza da industria na FP. Isto redundará, ademais, nunha maior empregabilidade da poboación nova.

Plan Conecta FP Galicia / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...