HomesociedadeMonforte festexa ao San Antonio, as segundas patronais da cidade

Monforte festexa ao San Antonio, as segundas patronais da cidade

Este martes festéxase o día grande das Festas de San Antonio e como é tradición, volvéronse a celebrar os actos das honras ao santo, sendo día festivo en Monforte. A comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros do Equipo de Goberno, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 12.30 horas, á misa na honra de San Antonio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa na que os devotos lanzaron pétalos de rosas á imaxe do Santo. A continuación procedeuse á degustación dun viño da Ribeira Sacra e un aperitivo organizado pola comisión de Festas e xa só quedaba mercar as roscas benditas.

“O San Antonio, que é festivo local no noso Concello xunto co Martes de Pascua, é unha festa que, celebrándose no centro da cidade, no barrio de San Antonio, mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes. Eu consideroas, como digo sempre, despois das de agosto como as segundas Festas Patronais da cidade ”, manifestou o rexedor monfortino.

“Hai que ter en conta que o día 13 é festivo local e ademáis están ubicadas no centro da cidade e isto, posibilita a participación de todos os veciños de Monforte e tamén dos que nos visitan de fóra da cidade. Vimos de pasar momentos difíciles, e a pesar de recuperar a normalidade xa hai uns meses, creo que todos temos ganas de compartir momentos de alegría coa familia e os amigos, de poder divertirnos todos xuntos, e este tipo de eventos propician moito que o podamos facer”.

Da cita festiva participaron entre outras autoridades, o delegado territorial da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...