HomesociedadeVeciñanza dos concellos de Sober e O Saviñao esta semana no Coñece...

Veciñanza dos concellos de Sober e O Saviñao esta semana no Coñece a túa provincia

Máis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia, a terceira edición desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo. Dende o martes ata o venres, asociacións de Cospeito, Vilalba, Sober, Castroverde, Foz, A Fonsagrada, O Saviñao e Burela visitarán os recursos patrimoniais e naturais das comarcas da Mariña, A Ribeira Sacra e A Montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores a Asociación Cultural O Trícole de Sober visitará os concellos de Xove e Viveiro para coñecer o faro Punta Roncadoira ou o Souto da Retorta, antes farán unha parada no Centro de Interpretación Terras do Miño.

O xoves a Agrupación Deportiva Os Castros, de Foz, achegarase ao Pazo de San Marcos antes de percorrer Paradela e Portomarín, onde visitarán o patrimonio románico destes concellos así como o Castro de Soutomaior.

O venres participarán no Coñece a túa provincia a Asociación Cultural Lavandeira, do Saviñao, e a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Praia da Marosa, de Burela. A entidade da Ribeira Sacra visitará o Mazo de Santa Comba e achegarase á Mariña para descubrir Xove e Viveiro. Pola súa banda, a entidade mariñá irá á Granxa Gayoso Castro e visitará o concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...