HomesociedadePladesapu denuncia o peche da planta de Medicina Interna no Hospital de...

Pladesapu denuncia o peche da planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte ata outubro

Nos últimos anos estase a pechar de xeito rotatorio unha planta de hospitalización cada verán no Hospital monfortino, a Plataforma lamenta que cada ano se adianta o peche e se retrasa a apertura, "chegando este ano ata case os catro meses nos que a planta non estará dispoñible, é dicir, 28 camas pechadas", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pladesapu asegura que dende a xerencia xustifican este peche cunha disminución da actividade asistencial durante o período estival, pero consideran que ese argumento ten varios fallos; “en todo caso o que diminúe é a actividade quirúrxica programada, polo cal só tería sentido que pechasen as plantas quirúrxicas, e por todos é sabido o importante incremento de poboación que sofre a nosa comarca durante o verán, o que é directamente proporcional ó uso dos recursos sanitarios.”

Desde Pladesapu cren que o peche débese a outras causas, “como a de distribuir o persoal do servizo pechado por outras áreas do hospital, aforrando así os custes de contratar a máis persoal e perpetuando a precariedade laboral pola que é famosa España en xeral, e o Sergas en particular. Ademáis, a sobrecarga asistencial que hai no resto das plantas de hospitalización acaba repercutindo no paciente, con tempos de espera máis longos á hora de ser atendido, e cun persoal sanitario sobrecargado.”

Dende a Plataforma piden ó Sergas que aporte datos que demostren que realmente sae rendible pechar unha planta de hospitalización no verán, “deixando a un hospital co 20% das súas camas inutilizadas, e un persoal exhausto debido a sobrecarga asistencial.”

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...