HomesociedadeCharlas informativas sobre axudas e subvencións ao sector primario no Courel

Charlas informativas sobre axudas e subvencións ao sector primario no Courel

Dentro do proxecto O Courel Destino e Futuro celebraranse dúas importantes charlas informativas dirixidas ao sector primario do Courel: A primeira delas será no Concello de Ribas de Sil o próximo día 20 de xuño ás 10.00 horas. A seguinte será no Concello de Folgoso de Courel o día 27 de xuño ás 10:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo destas charlas abertas á cidadanía é informar das axudas e subvencións ás que poden acollerse os produtores do sector primario. Carlos Vermello Pombo, Enxeñeiro técnico agrícola e agrónomo especialista en explotacións agrarias e Lucas X. Vázquez Gigon, Enxeñeiro técnico agrícola especialidade Hortofruticultura, Xardinería e Asesoría Gandeira; os dous cofundadores de Xestogal abordarán cuestións como a PAC, incidindo nas liñas de axuda centradas na Montaña e as denominadas Zonas con convivencia con grandes carnívoros.

Tamén se dará conta das subvencións dos Fondos NextGeneration, as subvencións anuais para reestruturación de viñedos, plan de comercialización ou de investimentos diversos, as vías de financiamento das empresas agropecuarias da zona e xudas e subvencións forestais

A xornada impártese dentro do proxecto para afrontar o reto demográfico aprobado polo MITECO e que desenvolve NOAINNVA en colaboración con diversas empresas do Courel.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...