HomesociedadeQueres matricularte na Escola Oficial de Idiomas de Monforte?

Queres matricularte na Escola Oficial de Idiomas de Monforte?

Esta semana ábrese xa o prazo para matriculación de cara ao curso 2023-2024. Consultade as opcións para cada caso concreto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola Oficial de Idiomas de Monforte informa xa da apertura de prazo para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso, 2023-2024 e así poder estudiar idiomas en Monforte ou na sección de Chantada.

Para alumnado antigo, a matrícula ordinaria aos aptos poderá realizarse entre o 19 e o 30 deste mes de xuño. De xeito extraordinario, a matrícula para aptos, non aptos ou non presentados do curso actual será do 3 ao 7 do mes de xullo.

Respecto do alumnado novo, a EOI informa que as probas de nivel pódense facer ata o 22 de xuño, sendo o prazo de preinscrición do 26 de xuño ao 9 de xullo. As prazas adxudicaranse o día 11. Deste xeito, os e as admitidos/as poderán formalizar matrícula do 11 ao 21 de xullo ás 12:00 h.

Para calquera dúbida, o teléfono da EOI é o 982 828991, e o correo electrónico de contacto eoi.monforte@edu.xunta.gal

De cara a setembro infórmase tamén que a matrícula está prevista do 1 ao 8 de setembro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...