HomesociedadeLicítase o proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e...

Licítase o proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

O pasado xoves, día 15 do presente mes de xuño, publicouse na plataforma de contratación do sector público, a licitación do proxecto de supresión de pasos a nivel dos puntos kilométricos 361/620 e 361/845 na líña León – Coruña no término municipal de Monforte de Lemos, que se corresponden cos citados pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa opasado dia 26 de maio, o concello reicibía unha comunicación da subdirección xeral de pasos a nivel e instalacións de protección e seguridade de ADIF, de que rematara o expediente para licitar a obra de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rio Seco, no término municipal de Monforte de Lemos, que inclúen 5 Novas Rúas, un Paso Inferior baixo a vía de ferrocarril de Monforte – Lugo, unha Rotonda e unha Ponte sobre o Rioseco.

ADIF informaba tamén de que se producira un incremento do custe da obra, motivada pola actualización de prezos dos materiais de construcción para obra pública, ascendendo o presupuesto de licitación a 6.837.621,84 € que engadido o 21% do IVE,  ascende na súa totalidade a 8.273.522,43 €. O prazo de execución das obras estímase en 16 meses unha vez asinada a acta de replanteo.

Esta publicación na plataforma será completada coa publicación no Boletín Oficial do Estado, nos próximos días, de xeito que as ofertas das empresas para a execución das obras poderanse presentar ata o próximo 14 de xullo ás 13 horas.

“A previsión é que as obras queden adxudicadas dentro deste mesmo ano, para que a comezos do próximo ano poidan iniciarse as obras fisicamente, sobre o terreo, e quedar rematadas para entrar en servizo ao longo do ano 2025”. Tal e como explicou o Alcalde, este proxecto de Supresión dos Pasos a Nivel era un dos compromisos que figuraron no Programa electoral, no punto 5 do apartado de infraestructuras e como xa indicou no discurso da Toma de Posesión, xa está en marcha o cumprimento deste compromiso, que sen dúbida “é un proxecto moi relevante que vai cambiar a fisionomía da cidade nesa zona de Monforte, mellorando as comunicacións tanto para vehículos como para persoas, dado que xa non haberá que estar esperando nos pasos a nivel, e, sobre todo, a mellora que supón na seguridade dos peóns, polo risco que supón cruzar as vías tal e como está na actualidade”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...