HomesociedadeVeciñanza de Taboada e Ribas de Sil participa esta semana no Coñece...

Veciñanza de Taboada e Ribas de Sil participa esta semana no Coñece a túa provincia

Arredor de 115 veciños e veciñas pertencentes a cinco entidades da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia. Nesta terceira edición da iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo, colectivos de Monterroso, Taboada, Lugo, Viveiro e Ribas de Sil viaxan esta semana á Mariña e á Ribeira Sacra para coñecer o seu patrimonio natural e cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños de Santa María de Piñeira, de Taboada, achegouse este martes ao Pazo de San Marcos e posteriormente visitaron os municipios de Burela e Foz con percorridos pola costa e paradas no barco museo boniteiro Reina del Carme e na Basílica de San Martiño.

Este mércores a Asociación Sociocultural e Recreativa O Priorato, de Lugo visitará o Mazo de Santa Comba e posteriormente os concellos de Sober e Monforte. Nesta viaxe, a veciñanza coñecerá a igrexa románica en Sober e un miradoiro. Tamén farán un percorrido no catamarán que a Deputación ten polo Canón do Sil.

A Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio, de Ribas de Sil, coñecerán o xoves a historia do Pazo de San Marcos, sede da institución provincial, para, a continuación, viaxar ata os concellos de Trabada, A Pontenova e Riotorto.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...