HomesociedadeO aparcamento do Parque dos Condes de Monforte pecharase desde este 22...

O aparcamento do Parque dos Condes de Monforte pecharase desde este 22 pola noite por un concerto que se celebra o 23

O concerto, de entrada libre, está organizado por Cadena Dial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte informa de que o aparcamento do Parque dos Condes permanecerá pechado dende este xoves, día 22 de xuño, ás 22:00 h e durante todo o día 23 por mor da celebración dun concerto organizado por “Cadena Dial”.

O concerto que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Monforte de Lemos terá lugar o venres, día 23 de xuño, ás 22:00 h e que será de entrada gratuíta.

O aparcamento do Parque dos Condes volverá a abrirse ao público, o sábado día 24 ás 7:00h da mañá, retomando a normalidade. Lembran tamén desde o concello que durante as horas de peche do “Parking Parque dos Condes” poderase estacionar no aparcamento da rúa Sarria.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...