HomesociedadeVisita do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda ao concello

Visita do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda ao concello

O Concello de Bóveda agradece a visita e o interese amosado polo alumnado do CEIP Rosalía de Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo do fin de curso, o alumando do CEIP Rosalía de Castro visitou este mércores o Concello de Bóveda, onde foron recibidos polo alcalde, José Manuel Arias e pola concelleira de Cultura e Educación, Cristina Juíz. Tamén os acompañou na visita como mestra, a concelleira, Natividad Rodríguez.

Os nenos e nenas foron camiñando desde o centro de ensino ata o concello de Bóveda, onde coñeceron as instalacións e o salón de plenos. Unha vez alí faláronlles do funcionamento da administración local e da composición do equipo de goberno. Tamén viron un traballo audiovisual sobre o concello e aproveitaron para xogar na Praza da Filgueira antes de volver ao colexio.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...