HomesociedadeO Paseo do Malecón de Monforte péchase ao tráfico do 26 deste...

O Paseo do Malecón de Monforte péchase ao tráfico do 26 deste mes ao 4 de xullo para preparar o Festival do Viño

O Concello de Monforte informa do corte de tráfico de vehículos que se producirá no Paseo do Malecón durante a próxima semana por mor dos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra que se celebrará o venres día 30 de xuño e os días 1 e 2 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo de circulación previsto desde a Policía Local consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interrumpir a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, defínense dúas actuacións distintas:

  • Dende o día 26 de xuño ás 7:00h e ata o día 4 de xullo ás 23:00 h pecharase a rúa dende o inicio do Malecón ata a baixada lateral do ambulatorio para facilitar a instalación dos stands que participan no evento e a colocación dun dos palcos de actuacións.
  • A partir do mércores 28 de xuño ás 7:00 h e ata o día 3 de xullo ás 23:00h permanecerá pechada ao tráfico a Rúa do Malecón na súa totalidade, para proceder a instalación do outro palco do Festival.

Todos os cortes estarán sinalizados e se a execución dos traballos que se realizarán fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata.

Dende o Concello queren solicitar a colaboración cidadá e desculpan as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...