HomesociedadeRibeira Sacra, a D.O. máis premiada na XXXV Cata dos Viños de...

Ribeira Sacra, a D.O. máis premiada na XXXV Cata dos Viños de Galicia

O Mellor Viño Tinto de Galicia segue sendo da D.O. Ribeira Sacra, Viña Vella dá o relevo a Prómine Singular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns pola tarde fíxose entrega dos premios da XXXV Cata dos Viños de Galicia e XII Cata dos Licores Tradicionais de Galicia. O acto que tivo lugar no Pazo Quián en Sergude, co título “Os Acios do Bo Facer”, premiou como o Mellor Viño Tinto de Galicia, un ano máis, un viño da D.O. Ribeira Sacra.

Así o ansiado Acio de Ouro como Mellor Viño Tinto de Galicia foi para Viña Vella da adega SAT Virxen dos Remedios, Subzona de Ribeiras do Miño; dándolle a substitución nesta distinción a outro viño da D.O. Ribeira Sacra; Prómine Singular de Adegas Petrón S.L.

Dos seis premiados na categoría, Elaboracións con Madeira, tres son da D.O. Ribeira Sacra:

  • Acio de Ouro Tinto, 12 Adega Vella, Adega Vella Xeracións S.L.
  • Acio de Ouro Branco, 1904 Adega Vella, Adega Vella Xeracións S.L.
  • Acio de Prata Tinto, Sollío, Juan Alberto Álvarez Rodríguez

A D.O. Ribeira Sacra faise con todos os premios na categoría, Viños de Colleiteiro e de Pequenas Adegas:

  • Acio de Ouro Tinto, Romeo Domain, Isabel Fernández Prado
  • Acio de Ouro Branco, Sollío, Juan Alberto Álvarez Rodríguez

A D.O. Ribeira Sacra faise con dous dos premios na categoría, Viños de Colleitas anteriores:

  • Acio de Ouro Tinto, O´ Promine Singular, Bodegas Petrón
  • Acio de Prata Tinto, Vía Romana, Adegas e Viñedos Vía Romana

Recibe tambén premio como o mellor de Galicia na D.O. Ribeira Sacra:

  • Acio de Ouro Tinto, Matilda Nieves, Rectoral de Amandi SAU

A D.O Ribeira Sacra presentaba a esta cata, que pretende visibilizar, exaltar e promocionar os viños elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas e recoñecer o saber facer de adegueiros e viticultores, 66 mostras de 25 adegas, obtendo excelentes resultados, xa non só como Mellor Viño Tinto de Galicia, se non nas demais categorías que participaba.

Con este recoñecemento ao traballo ben feito, a D.O. Ribeira Sacra celebra os días 29 e 30 deste mes a XXVII Cata dúas Viños da Ribeira Sacra e a súa gala de entrega de premios. Todo co lema, “Ribeira Sacra, Proxecto Común”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...