HomesociedadeMonforte celebra o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+

Monforte celebra o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+

O Concello de Monforte súmase este 28 de xuño ós actos de celebración do Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+, no que se conmemoran os feitos acaecidos na noite do 28 de xuño de 1969 no pub de Stonewall situado nun barrio de Nova York, e que deron orixe ao movemento internacional polo recoñecemento dos dereitos deste colectivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No balcón da Casa Consistorial colga a bandeira arco iris, símbolo popularizado en 1978, da comunidade LGTBIQ+ (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, así como todas as persoas que non están recollidas nas denominacións anteriores) para conmemorar o Día do Orgullo LGTBIQ+. A bandeira permanecerá pendurada ó longo de toda esta semana, tal e como se veu facendo todos estes anos en que se conmemorou dende o Concello.

A través desta iniciativa, o Alcalde, José Tomé Roca, manifesta, en nome de todos os veciños e veciñas de Monforte “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade, a tolerancia e o respecto de todas as persoas”.

“Dende o Concello de Monforte”, continuou o mandatario municipal, “visibiliza o seu compromiso para continuar impulsando unha sociedade diversa e inclusiva dende o punto de vista afectivo, sexual e de xénero, capaz de erradicar o odio as discriminacións e para seguir traballando por un mundo de absoluta tolerancia, liberdade e igualdade”.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...