HomesociedadeA A.V. do Saviñao solicita a Vodafone cambiar a ubicación das antenas...

A A.V. do Saviñao solicita a Vodafone cambiar a ubicación das antenas de telefonía de Escairón

A través dun burofax, a asociación transmite esta reiterada petición veciñal, por considerar estas instalacións unha ameaza para a saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á empresa Vodafone-España para solicitar o cambio de localización das antenas de telefonía móbil da localidade de Escairón (concello O Saviñao). “Trátase de dúas estacións radioeléctricas de GSM e UMTS colocadas en depósito de auga no barrio de Mondavide de Escairón, en chan e núcleo urbano, codificada co n.º 15621, que reciben permiso municipal de instalación o 6 de novembro de 1997 a nome da empresa AIRTEL. A instalación complétase en 2003. A preocupación veciñal vén da alarma provocada pola contabilización duns 20 casos de cancro entre a veciñanza dun perímetro de 400 m das antenas, o que supera a prevalencia estimada no Estado”, insiste a asociación.

A reclamación veciñal para o cambio de ubicación comeza en 2004 cando se entregan 150 firmas á Alcaldía solicitando a súa retirada. En 2011, coincidindo coa inmediatez da caducidade do contrato, repítese a solicitude; “Pese ao compromiso verbal do alcalde, en 2012 o permiso é renovado coa mesma localización.”

O pasado ano 2022 a veciñanza do barrio afectado diríxese á Valedora do Pobo de Galicia, e o rexedor comprométese a solicitar un informe técnico para valorar unha nova localización. Os argumentos que aluden os veciños son:

  • Estan situadas nunha “contorna sensible” dada a proximidade das antenas ás vivendas, situadas a menos de 100 m., así como ao colexio de ensino primario de Escairón.
  • A existencia de numerosas áreas para unha nova localización que non cause preocupación aos veciños, de feito non existe ningunha instalación similar doutras compañías situada en zona urbana.
  • A consideración de Principio Precautorio que aconsella a adopción de medidas preventivas ante unha alerta social pola ameaza contra a saúde sentida pola poboación.
  • A existencia dun Código de Boas Prácticas para a instalación de infraestruturas de telefonía móbil.

Despois deste tempo de reclamacións, a asociación veciñal solicita da empresa responsable, Vodafone, a retirada das devanditas antenas e o cambio de localización, sempre fóra de chan urbano e nunca a menos de 500m. das vivendas e a menos de 1000 m. de centros de carácter público.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...