HomeEconomíaA Xunta apoia novas liñas de produción da láctea Oviganic, instalada no...

A Xunta apoia novas liñas de produción da láctea Oviganic, instalada no Polígono do Reboredo

A Xunta de Galicia apoia a ampliación e a incorporación de novas liñas de produción na empresa láctea Oviganic, en Monforte de Lemos, que foi declarada iniciativa empresarial prioritaria polo Goberno galego. Na práctica, supuxo reducir á metade os prazos de tramitación para levar a cabo o proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural leva achegado máis de 3 millóns de euros á empresa a través do programa de apoios para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, dos que abonou o pasado mes de maio 1,2 millón de euros correspondentes á ultima anualidade da axuda. Actualmente tramita unha nova solicitude presentada ao abeiro da convocatoria deste ano.

A multinacional láctea recibiu en concreto 3.031.460,88 euros para a factoría monfortina mediante esta liña de incentivos, impulsando un investimento global de 13,7 millóns de euros

Estas achegas da Consellería están orientadas á creación, ampliación e modernización das instalacións ou dos procesos de transformación.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...