HomesociedadeBóveda busca chegar ao 70% de superficie para conseguir a viabilidade do...

Bóveda busca chegar ao 70% de superficie para conseguir a viabilidade do polígono agrario de Ver

Para sacar adiante o polígono é preciso contar co 70% da superficie delimitada, polo que o Concello de Bóveda pon en marcha un horario de atención ás persoas propietarias para que poidan sumarse ao proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Bóveda celebrou reunión informativa cos propietarios para avanzar no polígono agroforestal de Ver. O alcalde, José Manuel Arias, valora a boa acollida que tivo o encontro, no que participaron numerosas persoas interesados na adhesión a este proxecto agrario que impulsan, ademais do Concello de Bóveda, a Xunta de Galicia a través do AGADER e a empresa Proyestegal.

Na fase actual é preciso entregar documentación para adherirse a través dunha recollida de compromisos das persoas titulares das parcelas.

Os días nos que poden facelo en horario de 09:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 hora son:

  • Martes 18 de xullo
  • Xoves 20 de xullo
  • Mércores 26 de xullo
  • Xoves 27 de xullo

O Goberno local agarda que con esta nova fase do proxecto se adhiran o maior número posible de propietarios e, ao mesmo tempo, poder identificar aquelas parcelas que aínda se atopan a nome de descoñecidos e que representan un 20% do terreo.

Unha vez remate o período de adhesión o proxecto entrará en novas fases, cun período de alegacións e a posibilidade de agrupar terras, comprar ou arrendar as fincas. “O importante nesta fase é chegar a ese 70% de superficie para conseguir a viabilidade do polígono agrario”, precisa o rexedor, José Manuel Arias.

ÚLTIMAS

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...