Homesociedade'Quiroga en marcha' organiza unhas xornadas arredor do viño

‘Quiroga en marcha’ organiza unhas xornadas arredor do viño

O programa de actividades está coordinado pola asociación dinamizadora quiroguesa en colaboración co proxecto 'Courel Destino y Futuro'. O seu desenvolvemento será os días 28 e 29 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Quiroga en Marcha organizará unhas xornadas arredor do viño os vindeiros 28 e 29 de xullo.

O venres, 28 de xullo, a xornada comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Quiroga, cunha mesa redonda na que participarán Manuel Gómez Guntiñan, que falará da evolución do sector vinícola; Javier Vázquez, Víctor Aira e Iago Lameiro, que darán a coñecer o seu proxecto ‘Adamire Wines’; e Luis Urteaga, catedrático de Xeografía da Universidade de Barcelona, que falará da despoboación e o cambio territorial na comarca de Quiroga. Ao remate ofrecerase un viño na terraza do Hotel Casa Outeiro.

O sábado 29 de xullo conformaranse dous grupos con actividades diferentes. O ‘grupo A’ visitará os viñedos e a bodega Val de Quiroga a partir das 11.00 horas, pararán ás 14.00 horas para xantar e ás 17.00 horas visitarán os viñedos e a bodega Atrium Vitis.

No caso do ‘Grupo B’, ás 11.00 horas coñecerán os viñedos e a bodega Alvaredos-Hobbs, na aldea de Alvaredos, parroquia de Montefurado, e visitarán a Boca do Monte, o coñecido túnel romano de Montefurado. Despois, ás 14.00 horas, será a comida de grupo e ás 17.00 horas as persoas participantes visitarán os viñedos e a bodega Casa de Outeiro.

Para participar ofértanse 40 prazas ao prezo de 40 € que dan dereito ao xantar e a facer as visitas devanditas en autobús. Para reservas, dirixirse ao correo quirogaenmarcha@gmail.com ou ao teléfono 629 95 54 10.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...