HomesociedadeMonforte destina 315.000€ á LU-P-3205 para mellorar o Polígono do Reboredo

Monforte destina 315.000€ á LU-P-3205 para mellorar o Polígono do Reboredo

Os traballos desenvoltos na estrada LU-P-3205 de Monforte ao Reboredo contan cun orzamento de 315.000€ e afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 0,535 ao 3,175.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, supervisou os traballos de mellora do firme da estrada provincial que vai dende Monforte ó polígono industrial de O Reboredo.

As obras acometidas consistiron na limpeza de laterais e na adecuación de cruces coincidindo coa contorna do polígono industrial monfortino. Unha vez rematada a pavimentación levarase a cabo a sinalización horizontal e vertical, co que finalizarán as actuacións de mellora desta estrada.

A esta actuación de 315.000€, o Alcalde engade as desenvoltas polo Concello monfortino nos últimos anos; como a nova vía de medio quilómetro construída na zona oeste, na que o Concello aportou 235.627,16€, e as actuacións de reforma dunha nave municipal que foi convertida na sede do primeiro Viveiro de Empresas industrial que ten o Concello de Monforte, e no que investiu 235.913,45€.

Segundo o alcalde, os investimentos no Polígono no período 2016-2022 superan o 1,1M€, dos que o Concello aportou 602.703,84 euros e conseguiu axudas da Xunta de Galicia por importe de 506.245,42 euros.

Lembra José Tomé que o Polígono contará con 14.000 metros cadrados máis de chan industrial, procedentes da revocación de contratos de compra de diversas parcelas a cargo de varias empresas, establecidos nos anos 2006 e 2007, os que se engadirán 111.000 metros cadrados, cedidos pola Deputación de Lugo. Engádense tamén 5.000.000€ para unha nova depuradora no Polígono Industrial do Reboredo.

O éxito do polígono tradúcese no interese crecente de empresas por implantarse no mesmo, como o caso anunciado da farmacéutica KernPharma, que construirá unha planta de produtos inxectables, cun investimento inicial de 33M€, ou a ampliación e mellora das instalacións da empresa de produtos lácteos Oviganic Ibérica.

ÚLTIMAS

O programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración do ‘mercado temático’ da Praza de Abastos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado día 5 de abril ás...

Agreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o Calansancio e o Arenteiro

A familia dun árbitro de 16 anos presentou unha denuncia ante a Policía Nacional...

O Concello de Chantada inviste 53.000€ na adecuación da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira

O Concello de Chantada conta cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de...

Monforte estrea pistas de tenis con plataforma automatizada de alugueiro

Rematan as obras de reparación das pistas de tenis municipais consistentes na mellora do...