HomesociedadeQueres participar como cabezudo e xigante nas festas de Monforte?

Queres participar como cabezudo e xigante nas festas de Monforte?

Este 20 de xullo, o concello abre o prazo para inscribirse nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas. A participación está remunerada con 30 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello dispón de 12 prazas para participar como Xigante e Cabezudo o domingo 14 de agosto pola mañá nas Festas Patronais de Monforte asignándose estas por rigorosa orde de inscrición. O derradeiro día para anotarse será o venres, 4 de agosto.

Se o número de inscricións supera ao número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.

Esta actividade, que ten unha remuneración económica de 30€, ten que ser realizada por persoas maiores de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...