HomesociedadeMonforte destina 27.000€ á mellora da travesía do Malecón - A Peña

Monforte destina 27.000€ á mellora da travesía do Malecón – A Peña

O concello de Monforte comezou as obras de mellora do firme da Travesía do Malecón-A Peña, vía que conecta o paseo do Malecón coa rúa Doutor Casares e que é moi transitada por descorrer paralela ó Centro de Saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de  urbanas e rurais, que conta cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.). As obras de mellora están a consistir na colocación dun novo pavimento de formigón semipulido de 15 cm., unha beurarrúa con bordillo de formigón e baldosas de cemento, nun dos laterais. ´

Na parte inferior, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a beirarrúa de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais correspondentes. Esta intervención afecta a 45 metros de lonxitude total e conta cun orzamento de 26.903,45 €.

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...