Homesociedade5 servizos lanzadeira gratuítos ata o 30 de agosto na Ribeira Sacra

5 servizos lanzadeira gratuítos ata o 30 de agosto na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra pon en marcha no verán de 2023 a proba piloto do servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais recursos do destino, como medida para evitar os habituais problemas de estacionamento en embarcadoiros, mosteiros ou áreas de ocio con elevada afluencia de visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Plan de Acción do Plan de Mobilidade Sostible Ribeira Sacra (PMS) recolle, entre outras cuestións, as problemáticas habituais que experimenta o destino en tempada alta en determinados recursos, como son os embarcadoiros, mosteiros ou outras zonas de lecer, como a Praia da Cova. O documento contempla como posibles solucións a implantación de novos servizos de transporte turístico colectivo ou o trasvase modal de acceso a embarcadoiros (lanzadeiras).

Con isto, e tendo en conta as consideracións do equipo experto responsable da elaboración do PMS, o Consorcio de Turismo pon en marcha unha proba piloto deste servizo de lanzadeiras que comezou o 15 de xullo,  en 5 puntos do territorio que rexistran unha elevada afluencia de visitantes e tránsito de vehículos na tempada estival. 

Os 5 novos servizos funcionarán gratuitamente todos os días ata o 30 de agosto. Esta periodicidade permitirá analizar o funcionamento do servizo nas semanas máis fortes en afluencia do ano. Cos resultados acadados e os axustes que sexan precisos, levaríase a cabo a organización e/ou contratación dos servizos lanzadeiras de cara aos períodos de tempada alta do ano 2024.

Os horarios plantexados para este verán 2023 son unha proposta de frecuencias para avaliar o nivel e picos de demanda do servizo, de tal xeito que estes poden sufrir variacións ao longo da tempada en función da demanda real de prazas. A capacidade do transporte variará dependendo do percorrido a realizar, entre as 16 e 30 prazas por traxecto. Póñense así a disposición máis  de 1.200 prazas diairias nas lanzadeiras para intentar desconxestionar de vehículos as áreas de maior afluencia de visitantes e problemáticas para o estacionamento.

Os itinerarios das lanzadeiras serán os seguintes:

  1. Monforte de Lemos – Embarcadoiro de Belesar | 28 prazas (retrasa o seu comezo ao luns 17 polo curte de estradas vencellado á Subida a Chantada)
  2. Monforte de Lemos – Doade (pobo) – Embarcadoiro de Ponte do Sil | 28 prazas
  3. Escairón – Belesar – Praia da Cova | 16 prazas
  4. Castro Caldelas – Abeleda (pobo) – Embarcadoiro de Abeleda | 29 prazas
  5. Lanzadeira ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil | 19 prazas

Enlace aos horarios: https://turismo.ribeirasacra.org/es/lanzaderas-ribeira-sacra-2023 

Estas 5 lanzadeiras súmanse á do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, posta en funcionamento no verán do 2021, tamén no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

Está habilitada a reserva previa de prazas en todos os servizos de lanzadeira, agás no do mosteiro de Santo Estevo, onde non será precisa. Nos primeiros días cunha media de 80-120 reservas sendo o mes de agosto o que máis solicitude rexistra en todos sos servizos.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...