HomesociedadeRectoral de Amandi certificada co selo Galicia Calidade

Rectoral de Amandi certificada co selo Galicia Calidade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregan aos responsables da adega Rectoral de Amandi, a certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade para os seus produtos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta certificación, a empresa pode incluír na súa fachada a nova sinalización de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como engadir o distintivo nas diferentes accións de promoción comercial.

Rectoral de Amandi é unha das adegas que forman parte do grupo Bodegas Gallegas, unha empresa familiar que naceu hai máis de 60 anos como proxecto persoal do seu fundador, Manuel Vázquez. Na actualidade, os seus fillos Manuel e Myriam están á fronte do grupo no que preservan a mesma esencia coa que naceu, incorporando ao mesmo tempo unha visión empresarial máis profesionalizada e global permitíndolles consolidarse entre as adegas máis importantes de Galicia.

Con máis de 130 hectáreas de viñedo en Amandi e na Peroxa, Rectoral de Amandi é un referente na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, destacando entre outros aspectos polo seu volume de produción, con máis de dous millóns de botellas ao ano.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 150 empresas adheridas, con máis de 780 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...