Homesociedade4 de agosto de portas abertas e exposición no Centro de Día...

4 de agosto de portas abertas e exposición no Centro de Día de Quiroga

O Centro de Día da Ribeira prepara unha xornada de portas abertas para este venres, día 4 de agosto. Con esta iniciativa preténdese que se coñeza de cerca este centro, tanto o seu funcionamento como as instalacións e o persoal que o atende. Na actualidade son 20 as persoas ás que acolle.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo equipo de Goberno, a través da concellería de Servizos Sociais, quere consolidar este centro por considerar que “é unha moi boa solución de conciliación para as familias”. As persoas usuarias reciben servizos de enfermería, atención social, terapia ocupacional e atención psicosocial, con actividades de dinamización social e cultural; ademais de servizo de fisioterapia, con actividades de prevención da inmobilidade. Si así o solicitan tamén poden beneficiarse de servizos externos e complementarios a demanda, como o servizo de transporte de recollida a domicilio ou o servizo de manutención e dietas.

Coincidindo coa xornada de portar abertas no mesmo centro realizarase unha exposición cos traballos de pintura en lenzo que realizaron os usuarios e usuarias. “A pintura é unha das actividades que máis lles gusta” –apuntan dende o centro- “e con esta mostra trátase de dar visibilidade aos seus traballos acadando a satisfacción persoal dos usuarios.”

A xornada de portas abertas será de oito da mañá a oito do serán. A partir das 11:00 acudirán o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández. Convidarase aos asistentes a un almorzo.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...