Homesociedade25 anos do irmandade entre Sarria e Guerlédan

25 anos do irmandade entre Sarria e Guerlédan

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro recibiron esta semana no Pazo de San Marcos a unha delegación de Guerlédan, na Bretaña, que participa nun programa de actividades polos 25 anos de irmandade entre Sarria e Guerlédan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As viaxeiras e viaxeiros chegados da Bretaña, acompañados por veciñanza de Sarria, percorreron o interior do Pazo de San Marcos e o xardín, coñecendo tanto o edificio como a función e a fórmula de elección dos representantes provinciais, homologables ao departément francés.

O vicepresidente da Deputación, tamén concelleiro en Sarria, felicitou “a sarriás e bretóns por manter os lazos ao longo destes 25 anos, contribuíndo a visibilizar tamén os vínculos culturais entre Galiza e a Bretaña”. A visita á institución provincial completábase coñecendo o Centro de Artesanía e Deseño e o Museo de Lugo, así como Santalla de Bóveda.

A delegación bretona quedarase ata o martes. Ademais de Sarria e Lugo, nestes días achéganse a Bretoña, ao Festival de Pardiñas e ao Xeoparque do Courel.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...