HomesociedadeComeza a mellora de oito rúas de Monforte nas que o concello...

Comeza a mellora de oito rúas de Monforte nas que o concello inviste 170.000€

Comezaron as obras de mellora do firme de oito rúas da cidade incluídas no plan desenvolto polo Equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, en concreto, a Travesía da Veiga, o Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril, e as rúas Irmandiños, Mato, Pontevedra, Ribeira, Curros Enríquez e Caneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de  urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.). Para estas 8 actuacións o orzamento ascende a 170.000 euros (169.556,91€).

José Tomé Roca, supervisou na compaña dos concelleiros, Gloria Prada e José Luis Loasada o inicio do asfaltado da rúa Pontevedra, onde sinalou, “iniciamos así neste novo mandato o desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias.”

Un primeiro grupo de melloras correspóndense coas rúas Curros Enríquez, Pontevedra, Ribeira e Caneiro que presentaban un firme da vía algo deteriorado e polo tanto aconsellábase unha actuación completa de renovación do firme de todas elas. Para elo lévase a cabo o fresado de toda a superficie da vías, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e por último, o pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados. O investimento é de 37.706,45€ na rúa Curros Enríquez, 39.929,93€ na rúa Caneiro e un total de 41.164,11€ para as rúas Pontevedra e Ribeira.

No Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril renovarase o firme coa colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Actuarase en 367 metros cun orzamento de 23.831,89 €.

Na Travesía A Veiga procédese á renovación completa do firme, procedéndose neste caso á apertura da caixa, á colocación dunha base de pedra en toda a superficie e ó extendido dun triple rego asfáltico. Estamos a falar dunha intervención en 131 metros lineais e conta cun orzamento de 10.852,90 euros.

Nas Rúas Irmandiños e Mato faise a renovación completa do firme. A intervención de mellora afecta a 183 metros lineais da Rúa Irmandiños e 90 metros na Rúa Mato, e supón un orzamento total de 16.071,63 €

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...