HomesociedadeNovas obras de mellora no barrio do hospital de Monforte de Lemos

Novas obras de mellora no barrio do hospital de Monforte de Lemos

Mellorarase o firme das rúas Abeledos e Corredoira e construiranse dúas beirarrúas no tramo entre o hospital e a Rolda María Emilia Casas Baamonde.

Publicado o

- Advertisement -

Novas obras de mellora no barrio do Hospital, nas rúas Abeledos e Corredoira. Dotarase á rúa Abeledos dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e instalarase nova sinalización vertical e horizontal, dende a rúa Saviñao ata a rotonda da Rolda María Emilia Casas Baamonde. A previsión é que a obra comece ó longo dos próximos meses e sempre dependendo das condicións climatolóxicas.

Na rúa Corredoira levaranse a cabo a mellora do firme con aglomerado en quente dende o Restaurante Carballo ata a rotonda, e dende a rotonda ata a estrada de Currelos.

Este proxecto de mellora inclúe tamén a construción das dúas beirarrúas no tramo entre a entrada ó Hospital e a Rolda María Emilia Casas, o que suporá unha redifinición do espazo destinado ó estacionamento de vehículos.

José Tomé con Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona. Fonte: Concello de Monforte

Na beirarrúa da marxe esquerda, a obra será realizada pola empresa de Mercadona. Esta actuación forma parte dun proxecto que a superficie comercial acometerá para ampliar as súas instalacións en Monforte, concretamente a do soto e do andar baixo correspondentes a o estacionamento e a zona comercial. Despois da ampliación pasarán dos 4.433 metros cadrados, que teñen ahora, aos 7.400 metros cadrados e o investimento de ampliación ascenderá a 2.009.862 euros.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...