HomesociedadeEncontro coa Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

Encontro coa Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

Será o 19 de agosto no Santuario de Cadeiras, no Concello de Sober, e contará coa participación de dezanove artesáns. Haberá obradoiros de balde abertos ás familias e unha sesión vermú a cargo do grupo De Vacas.

Publicado o

- Advertisement -

Artesanía de Galicia volverá estar presente na Ribeira Sacra por terceiro ano consecutivo, será o vindeiro sábado 19 de agosto no fermoso enclave do Santuario de Cadeiras, no Concello de Sober.

Trátase dun encontro de artesáns, no que hai anotados 19 expositores, dará comezo ás 11:00 horas e desenvolverase ata as 21:00 horas. Para as 13:00 h. está programado un concerto do coñecido grupo De Vacas.

Ademais da posibilidade de poder visitar os stands dos artesáns presentes na mostra, haberá os seguintes obradoiros gratuítos para toda a familia en horarios de mañá (de 11:00 a 14:00 h.), e de tarde (de 16:00 a 21:00 h.):

Tecido colectivo. Impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapo. Consistirá na elaboración colectiva de tapices textiles para aprender a técnica básica de creación dun tecido en alto lizo.

Iniciación ao torno cerámico. Impartido pola Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías A Escola. Aquí os participantes elaborarán pezas de barro con técnicas da olería tradicional galega.

Técnicas de cestería. A cargo de Carlos Rubio de ‘O caracol Ecocestos’. As persoas que asistan a este obradoiro coñecerán as técnicas que emprega este artesán para elaborar pezas tan tradicionais como as piteiras. Os máis cativos poderán reproducir imaxes como peixiños e outras dándolle forma co vimbio.

ARTESÁNS PRESENTES NA MOSTRA

Neste segundo encontro de artesáns, no fermoso santuario da Nosa Señora de Cadeiras de Sober, dezaoito creadores e as creadoras  amosarán os seus mellores traballos: Armaior (madeira de Oliveira), Arobe Cerámica, Bangus, Blaurtopías, Ceniza de papel, Elías de Gundivós, Enxógate, Figulus olaría tradicional de Gundivós, Lumecú, María Alba, Mimacuir, Mocao Artesanía, Nobelo a Nobelo, Noga arts joyería de autora, Obradoiro Gorín, Olería de Batán, Riomao Estudio Creativo, Senda Coiro e Siliva.

Antonio Fernández, creador de ‘Enxógate’. Foto: A. Fdez.

ÚLTIMAS

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...